Expourense, 10 y 11 de Mayo de 2017

11-04-2016 Previsel 2016 presenta más de 40 actividades para promover las empresas saludables

  • >> Cursos de capacitación profesional, la novedad de esta edición

    >> El ISSGA organizará dos talleres relacionados con la prevención de riesgos en las aguas termales y en el sector de los frutos secos

Ourense, 11/04/2016.- “Promoviendo empresas saludables”. Este será el lema de la 11ª edición de Previsel, Salón de la Prevención y Seguridad Laboral, que tendrá lugar en Expourense entre los días 13 e 14 de abril. Su objetivo será fomentar la cultura preventiva entre los profesionales y la sociedad en general. Para ello, contará con un completo programa con más de 40 actividades en las que también se incluyen conferencias y talleres especializados dirigidos a determinados colectivos como el personal sanitario, los buceadores o los trabajadores de los balnearios, entre otros. Previsel se consolida así como el espacio elegido por distintas instituciones para impartir formación en este campo. 

Esta cita foi presentada esta mañá en Expourense polo Vicepresidente da Confederación Empresarial de Ourense, José Manuel Díaz Barreiro, que destacou a importancia das actividades do salón en prol das empresas saudables a raíz das últimas cifras de siniestralidade laboral en Galicia. Tamén estiveron presentes o director do Centro ISSGA de Ourense, Ángel López, o Presidente da Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia, José Antonio Bello Malavé, e a directora adxunta de Expourense, Emma González. Os catro destacaron que “Previsel está consolidado como o único salón destas características en Galicia e que consegue a involucración activa de todos os axentes vencellados á prevención”. 

Tanto os profesionais como o público xeral que asistan a Previsel atoparán un salón dividido en dúas importantes áreas: exposición e xornadas técnicas. A primeira delas recolle unha mostra dos produtos e servizos dispoñibles no mercado. En total, esta cita contará con 41 expositores procedentes de Galicia na práctica totalidade e destacando a presenza en feira de asociacións e federacións sectoriais, sindicatos e distintos servizos de seguridade e emerxencia. 

NOVIDADES

Unha das novidades desta edición será o programa de cursos de capacitación profesional que permitirá que traballadores de diferentes sectores poidan obter un certificado que acredite a súa formación. Previsel realizará actuacións para sensibilizar á sociedade en xeral da necesidade de contar con formación en materia de seguridade e prevención de riscos.

A Axencia Galega de Emerxencias impartirá unha conferencia vencellada ó emprego de Drons no Ámbito da Seguridade e o Control de Riscos, mentres que dentro do programa de Xornadas Técnicas, terá lugar a mesa redonda sobre as Incapacidades Temporais nas que estarán representadas todas as partes implicadas nesta nova normativa: a Consellería de Sanidade, Inspección de Traballo, Patronal, Colexios Prefesionais e Sindicatos. 

SECTOR PRIMARIO

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, ISSGA, continúa coa súa aposta pola formación en prevención de riscos entre os profesionais de sectores específicos organizando dous seminarios. O primeiro deles será o día 13 de abril ás 12.00 h., e estará dirixido aos traballadores vencellados coa explotación das augas termais e minerais. O segundo terá lugar o xoves á mesma hora, e estará centrado na prevención de riscos no sector dos froitos secos e oleaxinosos. Entregarase diploma de asistencia a estas actividades.

Ademais, esta aposta polo sector primario verase reforzada grazas á presenza do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense e da Consellería de Medio Rural, que impartirán dúas charlas formativas sobre a manipulación e aplicación dos produtos fitosanitarios.

XORNADAS E OBRADOIROS

O interese mostrado por todas as entidades integradas no comité asesor de Previsel, dá como resultado que o salón poida presentar un completo programa de actividades que aborda a prevención dende unha perspectiva multidisciplinar. Ademais das xa mencionadas, destaca a charla coordinada pola CEO sobre “Empresas saudables: Mindfulness e Coaching” nas que se explicarán as claves para combater o estrés laboral, entre outros.
Dúas das actividades máis destacables, serán a ponencia sobre Primeiros Auxilios en Accidentes de Buceo e o Obradoiro de equipos de Osixenación Normobárica neste tipo de accidentes que impartirá a Escola Soporte Vital. Por outro lado, a Consellería de Sanidade impartirá unha charla sobre a actuación ante riscos ambientais: olas de calor e ruídos, así como tamén organizará actividades permanentes como medicións antropométricas e cooximetrías co obxectivo de reducir o risco de obesidade ou de adicción ó tabaco.
Os sindicatos C.I.G e CC.OO. súmanse un ano máis a Previsel e organizan cada un unha xornada na que convocarán aos seus delegados e afiliados e que están abertas a todos aqueles que desexen acudir. A C.I.G. participará cunha sesión que analizará a evolución e situación da normativa de Prevención Riscos Laborais. Pola súa parte, CC.OO. analizará o papel dos delegados e delegadas de prevención nas empresas. 

TRABALLADORES DE EMERXENCIAS 

Previsel tamén leva a cabo actuacións para sensibilizar á sociedade en xeral da necesidade de contar con formación en materia de autoprotección e actuación en situación de emerxencia. O xoves 14 de abril, a Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros, APTB, presentará o ciclo medio de Formación Profesional en Emerxencias e Protección Civil, así como tamén impartirán un seminario formativo baixo o título “Cualificación Profesional para Extinción de Incendios e Salvamento”. 

O salón volverá contar cunha mostra sobre os distintos tipos de corpos que operan en Galicia e nesta ocasión estará centrada nos distintos departamentos de Protección Civil e Bombeiros. O obxectivo é que os visitantes do salón coñezan os medios de protección cos que contan para poder actuar en caso de auxilio ou preventivo en situacións de risco. Esta exposición complementarase coa Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias, que está destinada a prestar a apoio a equipos de rescate ou a evaluar danos en grandes catástrofes.

Despois do éxito de participación da pasada edición, TESGALICIA, a Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia, volve a organizar un completo programa de actividades paralelo a feira orientado aos profesionais da sanidade que se desenvolverán en catro días e que prevén mover a preto de 4.000 persoas. Este programa inclúe unha vintena de conferencias e obradoiros dirixidos na súa meirande parte a persoal sanitario e asistencial como é o caso dos cursos de inmobilización de pacientes politraumatizados, de manexo de vía aérea ou de rescate en espazos confinados, entre outros que requiren de protocolos específicos cara a prevención de riscos.

O programa de Xornadas Técnicas conta co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A asistencia a estas actividades é gratuíta e precisa de inscrición previa a través da web www.previsel.com ou no teléfono 988 36 60 30. Entregarase certificado de asistencia.

Aqueles visitantes que se acheguen en tren ata Ourense para participar nas actividades de Previsel poderán beneficiarse dun 35% de desconto en todas as liñas de RENFE, AVANT incluído. O horario de apertura do salón será o mércores 13 de abril de 10 a 14.00 h. e de 16.30 a 19.30 h. e o día 14 de 10.00 a 14.00 h. 




Imágenes asociadas